fbpx

29/07/2026 – Praza da Quintana, Santiago de Compostela 21:00h. Entrada libre

Bewis de la Rosa actuará nas festas do Apóstolo 2026

Bewis de la Rosa estará o vindeiro mércores 29 de xullo na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, dentro da programación das festas do Apóstolo. Previamente, actuará o artista coruñés Eris Mackenzie. Os concetos darán comezo a partir das 21 horas con acceso libre.

Bewis de la Rosa comezou en febreiro deste ano a agasallarnos con pequenas pistas sobre o seu novo universo poliédrico, cheo de aldea, sensibilidade e experimentación e, como non podía ser doutro xeito, de Rap Rural. O 26 de xuño de 2026 presenta «Bolero», o cuarto adianto do que será o seu segundo álbum, «El hogar en la linde», que está a revelar con mimo, case coma se fose un ritual máxico, cada día 26 de cada mes.

Nesta canción, a artista abre unha porta a un xénero universal que tamén lle dá nome ao tema: o bolero. Entre versos floridos e unha instrumentación minimalista, fainos chegar reflexións sobre o éxito e o amor. Nesta ocasión, as portas preceden ao campo, con sons orgánicos de guitarra, piano, violín e percusións próximas ao universo latino, e cunha mestura deliciosa para os oídos entre a crudeza do hip-hop e a suavidade melódica do bolero. Sen dúbida, un estilo propio segue marcando o rego na terra que Bewis de la Rosa leva cultivando desde a escena independente nestes últimos anos, recollendo o antigo e transformándoo co seu particular puchero ata convertelo nunha mirada contemporánea. Esta canción é unha das que dará que falar no seu novo disco, pola súa beleza e sensibilidade, así como porque consegue que un xénero do século pasado soe plenamente actual, cunha lírica ao mesmo tempo atemporal.

Producida polo madrileño Ramiro Gómez (G.Rams), fiel compañeiro de investigación no universo sonoro de Bewis de la Rosa, e masterizada polo portorriqueño Orlando Ferrer (Diffusonix). Ao piano e aos sintetizadores, Laura G. Muñoz; ao violín, Esther Sánchez; e á guitarra, Ione Saya, músicos que achegaron a súa organicidade a todo o álbum, convertendo «El hogar en la linde» nun lugar moito máis próximo á terra e ofrecendo coherencia ao Rap Rural que define esta artista poliédrica, namorada da investigación en todas as súas formas.