fbpx

30/04/2026 – Coliseum, A Coruña 20:30h.

Entradas en rodrigocuevas.sexy


Cita galega con “La Belleza” de Rodrigo Cuevas

Rodrigo Cuevas o 30 de abril no Coliseum da Coruña, nunha cita na que o público se poderá situar no escenario, transformado nun «llagar», e ser parte do espectáculo. As entradas para a presentación en Galicia do novo traballo discográfico do asturiano pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou Entradas.com.

Foto: Ricardo Villoria

Rodrigo Cuevas presentará a súa nova proposta escénica, La Belleza, o 30 de abril no Coliseum da Coruña. Será a única actuación que o artista asturiano ofreza no 2026 en Galicia no marco da súa nova xira. La Belleza transformará parte da pista do recinto coruñés nun «llagar», local tradicional no que se fai a sidra.

Rodrigo Cuevas iniciará a xira La Belleza, unha fantasía escénica e argumental, o 24 de abril en Avilés. A súa actuación no Coliseum será, polo tanto, a segunda cita dun tour que fará da indeferenza un lugar intransitable. As entradas para asistir ao único concerto que ofrecerá en Galicia no 2026 están á venda a través das plataformas Ataquilla.com e Entradas.com.

Próximos conciertos

  • 30/04/2026 - A Coruña