Concerto de Wöyza & The Galician Messengers en Vigo


29/09/2023 – Vialia’s Festival, Vigo 19:00h. Entrada de balde

yza publica o primeiro EP de «Wöyza & The Galician Messengers», que consta de seis temas en galego, incluindo os remixes dos productores Músculo! e Marta Toro.

Wöyza & The Galician Messengers presentan un novo espectáculo no que teñen cabida os temas propios da artista na súa versión en galego, xunto a novas adaptacións da tradición popular.
Toma así forma unha fusión de xéneros e expresións musicais como o soul, o gospel, o hip hop, a nova música urbana e a danza, co patrimonio musical e inmaterial galego

«Campo Estrelado», que abre o EP Wöyza & The Galician Messengers, é unha peregrinación musical, descritiva e paisaxística, emocional e espiritual, a través dos sons da costa galega e a Galicia interior, fusionando a electrónica coa tradición. O soul e o folk. Os alalás cos melismas da música gospel e os ritmos da costa africana coa pandeireta galega e outros instrumentos que conectan coa cultura pagá da orixe do camiño de Santiago.
«Ay Deus se sab’ora meu amigo», é unha adaptación da cantiga do xograr Martín Códax datada no século XIII. O pergamiño actualmente reside en NY, en 2017 visita Vigo, a súa orixe, e esta canción preséntase por primeira vez xunto a Cristina Pato. Neste EP a súa mensaxe chega aos nosos días baixo unha interpretación urbana, unindo sons norteamericanos como o hiphop, soul ou gospel, coa tradición da vella europa, popular e medieval.
«Campo Estrelado RMX» de Marta Toro, músico e producer vigués, achega toques de house mantendo a esencia dos sons atlánticos e a tradición.
O produtores Músculo! deléitannos cun remix de «Ay Deus», baixo unha visión máis experimental con toques dub, transportan esta cantiga do século XIII a mundos futuristas, elevando a tensión a niveis de sesión nocturna, creando o ambiente perfecto para deixarse levar e bailar.
Para pechar o EP, Wöyza recupera a que foi a súa primeira obra en galego de 2009, «Tempos de muller» cunha versión en directo. Sen cortes nin edicións, natural e transparente, é unha canción que madurou baixo a súa pel, a súa alma e a súa característica voz soul.

Un EP cargado de verdade, amor e compromiso que marca un novo comezo e mostra o amplo abanico de influencias que enriquecen a tradición cultural galega.