WÖYZA & THE GALICIAN MESSENGERS
17/06/2022 – Festival O Son do Camiño, Santiago de Compostela
25/06/2022 – Wakau Urban Fest, Negreira
8/07/2022 – The Wild Festival, San Miguel de Oia
11/08/2022 – Auditorio Parque de Castrelos, Vigo
Wöyza, cunha intensa traxectoria no hip hop, soul e gospel, presenta a súa nova proposta Wöyza & The Galician Messengers.
Un repertorio de adaptacións populares e cancións propias integramente en galego. A singular interpretación propia da artista urbana en fusión cos distintos estilos que dan forma a esta agrupación conseguen crear unha atmósfera única que actualiza a tradición, emociona e inspira.
O 10 de maio publícase «Campo estrelado«, o primeiro single do seu novo EP Wöyza & The Galician Messengers en todas as plataformas dixitais.


