«La Romería» de Rodrigo Cuevas chega a Compostela


19/12/2024 – Sala Capitol, Santiago 20:30h.

Entradas en Woutick.es


20/12/2024 – Sala Capitol, Santiago 20:30h. ENTRADAS ESGOTADAS

«La Romería» de Rodrigo Cuevas pasará pola Sala Capitol de Santiago de Compostela o venres 20 de decembro de 2024. As entradas xa están á venda en laromeria.woutick.es. Nesta ligazón podes consultar as condicións da entrada.

Galardoado co Premio Nacional das Músicas Actuais e co seu novo disco “Manual de Romería” na cabeza das listas do mellor de 2023, Rodrigo Cuevas comezaba a xira «La Romería» o pasado ano, tamén con gran éxito de público co cartel de entradas esgotadas nas súas presentacións.

A enerxía, a emoción e a dedicación de Rodrigo Cuevas orbitan agora, tras estes anos fulgurantes, afrontando o dobre novo reto que supón na súa traxectoria presentar unha nova xira e un novo álbum. «Manual de Romería», esta vez cunha visión moito máis glocal se cabe: desde as terras de Piloña, de Asturies e do noroeste peninsular, cara ao orbe no seu conxunto.

Para a preprodución do álbum, Eduardo Cabra fixo o seu particular curso intensivo de vida rural asturiana con adaptación á humidade e ao frío e inmersión na cultura e a música de Asturies, de León e Zamora. Como colofón a ese choque interestear entre ambos, Rodrigo grababa no mes de xaneiro a totalidade do álbum na Casa del Sombrero, os estudos de Cabra en Porto Rico. Podemos dicir que pariron unha criatura cegadora, fermosa, cálida, bailonga e honesta.

«Manual de Romería» foi seleccionado como Mellor Disco Nacional 2023 por Rockdelux, e figura nas listas do mellor desde ano tamén en El País, ABC, CrazyMinds e Jenesaispop.

Galardoado co Premio Ojo Crítico a las Músicas Modernas de RNE, Premio Arcoiris do Ministerio de Igualdade, Premio al Meyor Cantar Premiu Camaretá, Premios MIN Artista Revelación y Mejor Álbum de Fusión y Músicas del Mundo.

Próximos conciertos

  • 06/07/2024 - Portas, Pontevedra
  • 19/12/2024 - Santiago
  • 20/12/2024 - Santiago