NNEKA (NIXERIA)
18/07/2016 – Praza da Quintana, Santiago DC. 21:30 h. Entrada de balde
Nneka Lucia Egbuna (Warri, Nigeria, 1980) é unha cantante de R&B que vive en Hamburgo (Alemaña). Creceu na súa cidade natal ata que se desprazou a Europa para estudar antropoloxía. A súa carreira estivo ligada dende o principio ao produtor alemán DJ Farhot quen que lle posibilitou actuar xunto a Sean Paul en Hamburgo en 2004. Esa actuación serviu de trampolín para que Nneka puidese asinar o seu primeiro contrato discográfico e comezar a publicar discos.
O recoñecemento en Estados Unidos chegou coa publicación de Concrete Jungle, un álbum de produción moi coidada que, aínda que non conquistase os primeiros postos da lista Billboard, si contou con moi boas críticas por parte da prensa especializada. Entre as cantantes que máis influíron a Nneka cabe destacar os nomes de Erikah Badu, Macy Gray, Nina Simone o Aretha Franklin.
«África é o futuro», proclama Nneka. “Séntome partícipe dunha misión. Occidente ha de comprender que África forma parte esencial da súa conciencia e a súa cultura. Chegou o momento de que non se nos identifique só coa pobreza, a corrupción, a explotación ou a sida».
De Nneka comezouse a falar cos seus álbums Victim of truth (2005) e No longer at ease (2008), pero non é ata o 2012 canda acada primeiros postos nas listas de Franza, Suiza e Austria co seu disco Soul is heavy.
Neste ano 2015 publicou My fairy tales, alí hai abundante soul nixeriano con esbozos de hip-hop e reggae, coma se revolvésemos na mesma marmita as herdanzas de Lauryn Hill e de Erykah Badu.
O seu estilo mestura varias correntes da música negra, dende o gospel ou o R&B, ao hip hop ou neosoul. As letras de Nneka, que adoitan ser en inglés ou igbo, reflicten problemas sociais e experiencias persoais.