Wöyza & The Galician Messengers parten dun repertorio tradicional no que fusionan xéneros e expresións contemporáneas como o soul, o gospel, o hip hop e a danza urbana co patrimonio musical e inmaterial galego.
A singular interpretación propia de Wöyza en fusión cos distintos estilos que dan forma a esta agrupación conseguen crear unha atmósfera única que actualiza a tradición, emociona e inspira.
The Galician Messengers son Wöyza, voz; Xulio Lorenzo, gaita, frauta, pandeireta; High Paw, baixo e coros; Jorge Juncal, teclados; María Faltri, pandeireta, percusión e coros; David Outumuro, batería; Yara Boombox, bailarina e coreógrafa.
En 2021, Wöyza participou en Galicia Futura, como asesora desta exhibición no Museo Centro Gaiás para a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e foi premiada como Mellor Artista Urbana nos Premios Martín Códax da Música.

