Rodrigo Cuevas en PortAmérica 2024


06/07/2024 – PortAmérica, Portas, Pontevedra

Entradas en portamerica.es


«La Romería» de Rodrigo Cuevas estará no festival PortAmérica 2024, que se celebrará na Azucareira de Portas (Pontevedra), os días 4, 5 e 6 de xullo de 2024.

Recentemente galardoado co Premio Nacional das Músicas Actuais 2023, Rodrigo Cuevas estreaba «La Romería» en Galicia o pasado novembro. Foron dous concertos memorables, cheos de talento, emoción e boa música, no Teatro Afundación de Vigo, co cartel de entradas esgotadas.

A enerxía, a emoción e a dedicación de Rodrigo Cuevas orbitan agora, tras estes anos fulgurantes, afrontando o dobre novo reto que supón na súa traxectoria presentar en 2023 unha nova xira e un novo álbum. «Manual de Romería», esta vez cunha visión moito máis glocal se cabe: desde o chan de Piloña, de Asturies e do noroeste peninsular, cara ao orbe no seu conxunto.
Para a preprodución do álbum Eduardo Cabra fixo o seu particular curso intensivo de vida rural asturiana con adaptación á humidade e ao frío e inmersión na cultura e a música de Asturies, de León e Zamora. Como colofón a ese choque interestear entre ambos, Rodrigo grababa no mes de xaneiro a totalidade do álbum na Casa do Chapeu, os estudos de Cabra en Porto Rico. Podemos dicir que pariron unha criatura cegadora, fermosa, cálida, bailonga e honesta.

Próximos conciertos

  • 19/12/2024 - Santiago
  • 20/12/2024 - Santiago