Tanxugueiras: a (r)evolución da música tradicional galega, conformada por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro (2015). O grupo desafía o paradigma da música estatal adaptando a tradición galega a estilos actuais para manter vivo o idioma e o folclore, dotándoos de novos significados e levándoos ante un público masivo.
En 2021, xunto ao produtor Iago Pico, inician a fusión das súas potentes voces con sonoridades urbanas e modernas, consolidando a súa actual formación. Tanxugueiras non só representa a vangarda da música galega, senón tamén a proba de que a tradición pode conquistar o mundo.
Últimos lanzamentos
- ‘Grito (Cantes abandolaos y Malagueña de la Trini)’ ft Las Migas (2025).
- ‘Ghatiña Mansa’ ft Caamaño & Ameixeiras (2025).
- ‘Inconformismo’ ft Guadi Galego (2025).
- “Diluvio” (2022). Traballo que supera os 60 millóns de reproducións en plataformas dixitais e alcanzou o nº 1 de vendas en tendas físicas na súa semana de lanzamento.
- “Contrapunto” (2019). Un disco que acelera as revolucións da música galega coa reinterpretación de coplas tradicionais.
- “Tanxugueiras” (2018). O seu primeiro álbum, co que acompañadas polas súas pandeiretas pisan máis de 120 escenarios de todo o planeta.
Fitos
- O primeiro grupo galego en facer sold out no Coliseum da Coruña, o maior recinto pechado de concertos do noroeste do Estado.
- Reuniron a 40k asistentes en escenarios como o Auditorio de Castrelos ou a 80.000 asistentes na Praia de Riazor baixo o Festival Noroeste Estrela Galicia, considerado un dos concertos máis multitudinarios da historia en Galicia.
- En 2024 actuaron no estadio Santiago Bernabéu durante La Velada del Año, ante 80.000 asistentes e case 4M de espectadores por streaming.
- Recoñecido con numerosos galardóns: Premio Odeón a Artista Revelación Alternativo, tres Premios MIN, o Premio Martín Códax, o Premio da Crítica de Galicia ou o Premio +Músicas, entre moitos.
- Colaborou cunha infinidade de artistas de todos os estilos: Shinova, Valeria Castro, Rozalén, Hard GZ, Juancho Marqués, entre outros; consolidándose como un proxecto versátil e transversal, capaz de dialogar con calquera xénero.