Wöyza & The Galician Messengers en Vigofem


20/10/2023 – Cine Teatro Salesianos, Vigo 21:00h. Entrada de balde

Wöyza & The Galician Messesgers ofrecerán un concerto como clausura do programa de Vigofem. O concerto terá lugar no Cine Teatro Salesianos, o venres 20 de outubro ás 21:00 h.

Wöyza & The Galician Messengers presentan o seu primeiro EP. Partindo dun repertorio tradicional camiñan cara á fusión con expresións musicais contemporáneas. Seis cancións que son unha viaxe espiritual e emocional desde a Ría de Vigo ao Courel polo camiño das estrelas. Esta nova edición limitada en CD inclúe remixes dos produtores galegos Marta Toro e Músculo!

Wöyza & The Galician Messengers presentan un novo espectáculo no que teñen cabida os temas propios da artista na súa versión en galego, xunto a novas adaptacións da tradición popular.
Toma así forma unha fusión de xéneros e expresións musicais como o soul, o gospel, o hip hop, a nova música urbana e a danza, co patrimonio musical e inmaterial galego.