Wöyza, cunha intensa traxectoria no hip hop, soul e gospel, presenta coa súa proposta Wöyza & The Galician Messengers, un concerto de despedida na súa Moaña natal.
Wöyza & The Galician Messengers presentan o seu primeiro EP. Partindo dun repertorio tradicional camiñan cara á fusión con expresións musicais contemporáneas. Seis cancións que son unha viaxe espiritual e emocional desde a Ría de Vigo ao Courel polo camiño das estrelas.
Esta nova edición limitada en CD inclúe remixes dos produtores galegos Marta Toro e Músculo!
Abre o EP “Campo Estrelado”, mesturando os alalás cos melismas da música gospel e os ritmos da costa africana coa pandeireta galega, e a gaita como instrumento de conexión coa cultura pagá dos pobos suevos e celtíberos.
“Ay Deus se sab’ora meu amigo (Vou Namorada)” é unha adaptación da cantiga do xograr Martín Códax datada no século XIII. Actualmente a cantiga reside en New York. En 2017, o pergamiño Vindel visita Vigo, a súa orixe, e esta obra musical preséntase por primeira vez en directo xunto a Cristina Pato. A súa mensaxe chega a través do tempo, en forma de hiphop, soul, gospel, e a tradición da vella Europa, popular e medieval, novamente desde a Ría de Vigo.
“Cain as follas” é a adaptación de Wöyza do poema de Uxío Novoneyra de 1955, xa versionado por Emilio Cao en 1992. Con delicadeza máxima, o poeta do Courel desvelounos os ritmos da terra como un proceso temporal no que participamos longamente. Wöyza retoma a declaración dese vínculo individual a un territorio, cómo a natureza fíltrase en nós, atravesándonos, creando una atmosfera única que emociona e inspira.
En “Campo estrelado RMX” Marta Toro, destacada músico e producer de Vigo, achega toques de electrónica e house, mantendo a esencia dos sons atlánticos e a tradición do tema orixinal.
O grupo de produtores Músculo! encárganse do remix “Ay Deus Se Sab’ora Meu Amigo (Vou Namorada) RMX”. Baixo unha visión experimental, transportan a cantiga a mundos futuristas, elevan a tensión a niveis de sesión de dub noctura, creando o ambiente perfecto para deixarse levar e bailar.
No último track, Wöyza recupera a que foi a súa primeira obra en galego “Tempos de muller (ao vivo)”, sen cortes nin edicións, natural e transparente, canción madurada na sú voz soul.
Voz principal: Wöyza. Teclado e sintetizador: Jorge Juncal. Baixo e voces: High Paw. Batería: David Outumuro.
Percusión tradicional e voces: María López “Faltri”. Frauta, gaita e voces: Xulio Lorenzo
Masterización: Pancho Suárez (Planta Sónica Vigo)
TEMAS
• Campo Estrelado
• Ay Deus Se Sab’ora Meu Amigo (Vou Namorada) [Vou namorada]
• Cain as follas
• Campo estrelado (Marta Toro RMX)
• Ay Deus Se Sab’ora Meu Amigo (Vou Namorada) [Músculo! RMX]
• Tempos de muller (ao vivo)