BAIUCA (Live Band A/V Show) + LAURA LAMONTAGNE + NATALIA FERVIÚ DJ
29/11/2019 – XV Aniversario CEI-Nodus do Concello de Lugo
20:30 h. Antigo Cuartel de Garabolos, Avda da Coruña 500, Lugo. Entrada libre
O Centro de Empresas e Innovación de Lugo, CEI-Nodus, cumple 15 anos e o celebra nunha xornada de portas abertas e música en directo.
Baiuca
Baiuca combina o máis avanzado e vangardista da música electrónica e as raíces máis salvaxes e puras da súa Galicia natal.
Un reinicio neotradicionalista que mantén o cable á terra nas raíces, mais conecta coas tendencias máis avanzadas da música electrónica: con tanto de reivindicación cultural e político, como de resignificación dos símbolos tradicionais, levandoos ao terreo do contemporáneo; a través dunha maridaxe sonora na que se utilizan tanto instrumentación tradicional (cunchas, frautas, gaitas, pandeiretas, ocarinas ou voces, gravadas coas vocalitas de A.C. Xirandela…); como sintetizadores e máquinas que nos levan ao do techno, o global bass ou as cavilacións da música house desde unha perspectiva case antropolóxica e sociopolítica.
Laura LaMontagne & Pico Amperio
Laura LaMontagne e PicoAmperio, abordan campos musicáis diferentes que oscilan entre a tradición galego portuguesa das cantigas de amigo, ritmos electrónicos e ambientes íntimos provocados pola evolución das superficies de loops musicáis. Poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín Codax; raiba e desacougo dunha viaxe turbulenta coma a vida. Mesturas conectadas á realidade maquinal e tecnolóxica para contar historias, simplemente, porque o precisamos.
Natalia Ferviú DJ
Natalia Ferviú es la chica esa del programa ese de la tele que ya no echan. Dio hasta las Campanadas un año, en 2016, pocos años después de que muriese el último que había visto la Puerta del Sol cuando todavía era campo.
Editora de moda, directora creativa, colaboradora de radio y televisión y DJ ocasional. Su máxima: mezclar sin escrúpulos. Sus sesiones son eclécticas y ponen a bailar al personal con descargas de disco, italo, afrobeat, dancehall, ritmos latinos, hip hop y rnb vieja escuela, punk o new wave.