22/10/2021 – ZENET, LOS MAMBO JAMBO – Auditorio Mar de Vigo
23/10/2021 – MYLES SANKO, KOKO JEAN & THE TONICS – Auditorio Mar de Vigo
Entradas e bonos á venda en Teuticket.com
BLUEFEST achega un novo evento á cidade de Vigo para ofrecer a oportunidade de experimentar as diferentes formas de entender as músicas de raíz negra. Un festival de estilo no que o público atopará bandas de gran calidade en directo.
BLUEFEST é música de raiz, blues, soul, funk e rock, todos os estilos que forman parte dun universo musical cargado de paixón e profundidade, no que as composicións son tan esenciais como a actitude e o dominio do escenario. Unha aposta para gozar da música na baía de Vigo, aquí e agora, no marco do incomparable Auditorio Mar de Vigo dos mellores artistas nacionais e internacionais do xénero.
O cartel deste primeira edición inclúe varios artistas no seu mellor momento, para celebrar e volver a gozar en directo dos ritmos e a emoción do rock’nroll, o blues e jazz soul.
Zenet é un artista malagueño que comezou a traballar en 2008 con grandes músicos como Manuel Machado, Pepe Rivero ou José Taboada, entre outros. O seu primeiro traballo foi “Los Mares de China”, disco con alma de clásico no que atopamos bolero, música brasileira e o jazz de Nova York. En 2019 publica “A Guapería”, onde presenta cancións xa interpretadas por artistas como Bola de Nieve, Olga Guillot ou Celeste Mendoza. Por este disco recibiu o Premio Internacional Cubadisco 2019. Zenet percorre unha carreira paralela como actor e, recentemente, puidemos velo interpretando a Pablo Picasso na coñecida serie de TVE «El ministerio del tiempo»
Los Mambo Jambo son a banda instrumental creadora do ‘Son Jambofónico’, unha mestura salvaxe de rock& roll, rhythm & blues, surf e swing interpretada baixo unha perspectiva contemporánea. Presentan en directo «Exotic Rendezvous”, o quinto álbum do grupo, unha maneira de reivindicar os paraísos perdidos. Non hai nada cotiá na música dos Mambo Jambo, todo é excepcional, único, fermoso e atemporal. Todos os temas son orixinais e a produción correu a cargo de Dani Nel·o.
Myles Sanko, orixinario de Ghana aínda que británico de adopción, é un grande do soul na escena europea, a súa traxectoria ascendente é imparable desde que en 2014 publica o seu primeiro traballo “Born in Black”, onde xa quedaba clara a súa gran calidade vocal. Myles Sanko presentará en Vigo o seu novo disco “Memories of Love”, onde segue apostando forte por unha mestura de jazz, blues e soul elegante para gustos exquisitos.
Koko-Jean & The Tonics publicarán o seu primeiro álbum, titulado «Shaken & Stirred» o próximo 8 de outubro. Despois dun par de EPs e numerosos concertos que apuntan un son fresco, con influencias que van do soul ao rock e o blues. O primeiro single, “Pattin’ Juba” xa está dispoñible nas plataformas e confirma o que se nos vén, temas pegadizos que che axitan o corpo e elevan o espírto.