Despois do dobre sold out nos concertos de xira en Santiago de Compostela, o asturiano volve a esgotar os tickets da súa «romería» esta vez, na cidade de A Coruña, que programou ao artista para pechar a súas festas de agosto.
Galardoado co Premio Nacional das Músicas Actuais e co seu novo disco “Manual de Romería” na cabeza das listas do mellor de 2023, Rodrigo Cuevas comezaba a xira «La Romería» o pasado ano, tamén con gran éxito de público e co cartel de entradas esgotadas nas súas presentacións, incluindo a estrea de «La Romería» en Galicia, con dous concertos memorables no Teatro Afundación de Vigo.
«Manual de Romería» foi seleccionado como Mellor Disco Nacional 2023 por Rockdelux, e figura nas listas do mellor desde ano tamén en El País, ABC, CrazyMinds e Jenesaispop.
Para a preprodución do álbum Eduardo Cabra fixo o seu particular curso intensivo de vida rural asturiana con adaptación á humidade e ao frío e inmersión na cultura e a música de Asturies, de León e Zamora. Como colofón a ese choque interestear entre ambos, Rodrigo grababa no mes de xaneiro a totalidade do álbum na Casa do Chapeu, os estudos de Cabra en Porto Rico. Podemos dicir que pariron unha criatura cegadora, fermosa, cálida, bailonga e honesta.
Galardoado co Premio Nacional das Músicas Actuais, Premio Ojo Crítico a las Músicas Modernas de RNE, Premio Arcoiris do Ministerio de Igualdade, Premio al Meyor Cantar Premiu Camaretá, Premios MIN Artista Revelación y Mejor Álbum de Fusión y Músicas del Mundo.