fbpx

Nach na Festa do Queixo de Arzúa

NACH

5/03/2016 – Campo da Feira, Arzúa. 22:30 h

Entrada de balde

Hip Hop sen concesións ou, o que é o mesmo, Nach, o seu novo disco. Os que o coñecen, saben que nada volve a ser igual cando escoitas un novo traballo do rapeiro alacantino. Porque cando entras nun dos seus discos non regresas intacto. É como se o teu corazón entrara nun túnel de lavado e saíra resplandecente, mellorado, como se o cristal polo que mirabas a vida estivera de novo nítido e transparente, deixándote ver todo moito máis claro. Saes renovado, camiñando de outro modo pola vida, cunha mochila chea de cousas novas e as ás preparadas para voar sobre un torrente de versos perfectos.

Nach é iso que che queda cando a creatividade estoupa, como se todas as moléculas de inspiración dispersas no vento fosen xuntándose coa axuda dunha forza superior para conformar un novo corpo. Esa forza é a arte, e ese novo corpo é “A TRAVÉS DE MÍ”.