Tras esgotar as entradas para o concerto do día 20 de decembro de 2024, Rodrigo Cuevas anuncia unha nova data en Santiago de Compostela. O xoves 19 de decembro «La Romería» pasará tamén pola Sala Capitol, onde as entradas están xa esgotadas. Nesta ligazón podes consultar as condicións da entrada.
Galardoado co Premio Nacional das Músicas Actuais e co seu novo disco “Manual de Romería” na cabeza das listas do mellor de 2023, Rodrigo Cuevas comezaba a xira «La Romería» o pasado ano, tamén con gran éxito de público e co cartel de entradas esgotadas nas súas presentacións, incluindo a estrea de «La Romería» en Galicia, con dous concertos memorables no Teatro Afundación de Vigo.
«Manual de Romería» foi seleccionado como Mellor Disco Nacional 2023 por Rockdelux, e figura nas listas do mellor desde ano tamén en El País, ABC, CrazyMinds e Jenesaispop.
Galardoado co Premio Nacional das Músicas Actuais, Premio Ojo Crítico a las Músicas Modernas de RNE, Premio Arcoiris do Ministerio de Igualdade, Premio al Meyor Cantar Premiu Camaretá, Premios MIN Artista Revelación y Mejor Álbum de Fusión y Músicas del Mundo.