A exitosa xira “La Romería” chega ao seu fin o sábado 12 de abril de 2025, en Pontevedra. O asturiano ofrecerá un último concerto en Galicia antes de baixar dos escenarios durante unha longa tempada.
As primeiras 500 entradas a prezo especial de 24 € esgotáronse en menos de 1 hora. O segundo tramo de entradas xa está dispoñible a un prezo de 30 € + gastos.
Despois dun verán onde Rodrigo pasou polo Festival Portamérica e a Romería de Santa Margarida na Coruña, e de esgotar dúas datas na Sala Capitol de Santiago de Compostela, o artista asturiano volta a Galicia para poñer o broche de ouro a unha extensa e aclamada xira que o levou polos escenarios máis importantes do país, chegando tamén a territorio europeo e de Latinoamérica.
Esta data será a última oportunidade para ver ao artista nos escenarios galegos de forma indefinida, polo que é case inescusable perderse un dos concertos máis únicos e especiais do músico e da cidade.
Premio Nacional das Músicas Actuais 2023, Premio Arco Iris 2022 do Ministerio de Igualdade, Premio Ojo Crítico de RNE de 2021 ás Músicas Modernas, Premio MIN 2020 ao “Artista Revelación” e ao “Mellor Álbum de Fusión e Músicas do mundo”, Premiu Camaretá ao meyor cantar pola súa composición xa himno “Rambalín”, Rodrigo Cuevas (Oviedo,1985) é un fenómeno das artes escénicas e da comunicación no seu máis vasto sentido; un artista total en proceso constante de crecemento sostible.
Rodrigo descóbresenos no seu álbum “Manual de Romería” como un creador que madurou ao longo de anos de duro traballo, percorrendo a estrada e desentrañando os misterios da profesión de músico.
“La Romería” está alimentada polo humor, a crítica social, a ironía, a denuncia intelixente e a sensualidade marca da casa, polo uso naturalizado do asturiano e do castelán como linguas vehiculares, e aderezado cunha posta en escena que rompe coa imaxinería precedente no escenario tanto como no vestiario.
Imos por tanto con “La Romería”, un espazo para a celebración e para a comuñón, un lugar para sentirnos libres de prexuízos, para latexar soberanos e amantes, libertinos e bos no máis amplo sentido da palabra bo. Un show que se manifesta extravertido, quente, ambicioso, alegre, bailable e mesmo épico: maior.