Rodrigo Cuevas ofrece un concerto en terras do Courel dentro do festival Eidos de Outono


31/10/2021 – Rodrigo Cuevas + Uxía-O + Wöyza & The Galician Messengers. Praza do Concello de Folgoso. 18:00 h

Entradas á venda en eidosdeoutono.ataquilla.com

Eidos de Outono presenta unha escolma de músicas contemporáneas marcada pola vangarda e a diversidade de estilos, vinculándose á singularidade e identidade do territorio no que se desenvolve o festival. Rodrigo Cuevas comparte cartel con Califato 3/4, Uxía, Wöyza e Sila Lua, entre outros artistas.

Coincidindo co tempo dos magostos, os Eidos de Outono preséntanse como a celebración da música e da expresión artística no impoñente marco natural da Serra do Courel. A romaría do século XXI que aposta pola diversidade, a convivencia , a antidisciplinariedade e o exaltación da identidade propia en diálogo permanente coa comunidade global. 

Rodrigo Cuevas, verdadeiro tsunami na música dos últimos anos. Axitación folclórica e electrónica, humor, hedonismo e celebración dos dereitos innegociables. Con fermosas coreografías e unha posta en escea única, Trópico de Covadonga é un espectáculo que nos eclipsa tanto pola súa categoría musical como pola súa necesaria impronta discursiva. 

Próximos conciertos

  • 06/07/2024 - Portas, Pontevedra